Biografia de Castelao
Enviado por John0099 • 9 de Diciembre de 2018 • 1.260 Palabras (6 Páginas) • 343 Visitas
...
Por iniciativa de Antón Losada Diéguez, Vicente Risco encargouse da dirección literaria e propuxo a Castelao a dirección artística da revista Nós, ao redor da cal brotou a vida política e cultural de Galicia entre 1920 e 1936. En xaneiro do 1921, grazas a unha beca da Xunta de Ampliación de Estudios, viaxou a Francia, Bélxica e Alemania para estudar o arte destes países. O fruto de ese viaxe foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente na revista Nós e que apareceu como libro en 1977 co título de Diario 1921. En 1926 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega.
[pic 6]
O 3 de xaneiro de 1928 faleceu o seu fillo Alfonso de catorce anos, e nese ano marchou a Bretaña coa súa muller nun viaxe de estudos para estudar os cruceiros bretóns que materializou no libro “Las Cruces de Piedra en la Bretaña” en maio de 1930. Tamén quedou fondamente afectado por a morte de Antón Losada Diéguez o 15 de outubro de 1929. En 1931 resultou elixido deputado como galeguista independente para as Cortes Constituíntes da Segunda República e participou na constitución do Partido Galeguista.
Membro da Real Academia Galega desde 1933, os movementos revolucionarios de Asturias e Cataluña en outubro de 1934 provocaron a reacción do goberno conservador descabezando o Partido Galeguista, poren foi confinado en Badaxoz en novembro de 1934. Durante a súa estancia en Estremadura escribiu para A Nosa Terra unha serie de artículos co título de Verbas de chumbo que posteriormente integraría en Sempre en Galiza. O 6 de setembro de 1935 púxose fin ao desterro tras as xestións do novo ministro da Gobernación, Manuel Portela Valladares. En 1936 foi escollido de novo deputado na candidatura do Frente Popular. Tomou parte de maneira destacada na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia, que foi aprobado en plebiscito o 28 de xuño de 1936.
A sublevación militar que deu orixe a Guerra Civil en Madrid, instalándose en Valencia a finais de 1936 e posteriormente en Barcelona. En 1938 exiliouse en Nueva York. [pic 7]
Os anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que plasma nos álbums de guerra -Galiza mártir, Atila en Galiza, Milicianos-, de gran difusión internacional. Bandeira de todo galeguismo, desenvolveu unha actividade continua no exilio, reorganizando as comunidades galegas coa esperanza de que caese o réxime franquista. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura por mor da súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra política Sempre en Galiza. E participou na campaña das eleccións ao Centro Galego de La Habana.
Neste período, e de maneira paralela ao compromiso político, continúa coa súa obra artística. En 1939 traballa no álbum Debuxos de Negros unha serie de debuxos que mostran esceas da música e cultura da xente de cor, realizados en Cuba e en Nueva York. Finalmente, en xullo de 1940 participou en Buenos Aires. Foi o máximo impulsor do Consejo de Galicia, creado en 1944 en Montevideo (Uruguai) e que pretendía agrupar aos deputados galegos no exilio, constituíndose en representante de Galicia entre as institucións republicanas no exilio. Foi presidente do Consejo hasta a súa morte.
Foi ministro sen carteira do goberno republicano no exilio presidido por José Giral (1946–1947), establecéndose en París, cidade onde viviu hasta agosto de 1947.
Nos primeiros meses de 1949 un cancro de pulmón afástao da actividade pública. Morreu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires, sendo enterrado o 9 de xaneiro no cemiterio de la Chacarita. Os seu restos foron trasladados de novo a Galicia en 1984, e agora descansan no Panteón de Galegos Ilustres, no mosteiro de Santo Domingo de Bonaval. [pic 8]
...