GUÍA DE LECTURA LA CASA DE BERNARDA ALBA
Enviado por Ensa05 • 22 de Octubre de 2017 • 774 Palabras (4 Páginas) • 617 Visitas
...
DIÁLOGOS
Na súa maioría son rápidos, incisivos e breves, reflexo da tensión e do ambiente de violencia no que viven as personaxes. Abundan as expresións populares.
PERSONAXES:
- BERNARDA: Caracterízase por un conxunto de rasgos negativos. É autoritaria. Non hai nela o menor rastro de amor cara ninguén, vivo ou morto. Só lle importan as apariencias. Un cru impulso de odio vai conformando palabras e accións, buscando en cada momento o que poida ferir aos outros. “Goza no mal alleo”. Tamén é curiosa.
Ten conciencia de clase, que a leva, incluso, á crueldade inhumana (“os pobres son coma animais”.) Vive para a fama, pola honra da casa.
- ADELA: Representa a liberdade, o desexo, e en particular o desexo sexual. Está disposta ao que sexa necesario para romper o enclaustramento no que vive. Non ten medo de facer o que sexa necesario para superalo e vivir a súa vida acorde as súas paixóns. É a menor da casa, e representa a forza e vitalidade da xuventude. Ten un conflito interior no feito de desexar a Pepe, o prometido de Angustias. Tamén ten un conflito de relación con Martirio, pois ambas desexan a Pepe.
- MARTIRIO: Representa o rancor de saberse rexeitada. O seu gran amor, Pepe, está prometido con Angustias e namorado de Adela. Martirio ten un conflito de relación en Adela. Se ela non pode ter a Pepe, Adela tampouco o terá.
- PONCIA: Coincide nalgúns rasgos con Bernarda. Ten a súa mesma idade, é de moral tradicional, vive preocupada pola honra e polo que dirán. Domina ás fillas de Bernarda, aconséllaas e ameázaas. Con Bernarda amósase provocativa, insinuante, ambigua.
- AS FILLAS: Coinciden na busca de varón e na necesidade de amar. Pero as diferencias son evidentes: Angustias é vella, fea, enferma, rica e inxenua. Amelia séntese inclinada ao ben e, sen poder evitalo, súmese na resignación. Magdalena é sumisa e teme á autoridade materna. Martirio é resentida e envexosa. Adela representa a forza da paixón amorosa, a chamada do instinto e o desexo de liberdade. Pero fracasa e suicídase.
- Mª JOSEFA: No inicio é un personaxe latente. Caracterízase pola loucura e a sensibilidade. Pero a loucura non lle impide ve. A súa loucura é simbólica: na súa vellez, pechada na súa habitación, desexa casar na beira do mar. É a única que dende o principio se enfronta con Bernarda.
- PEPE: Personaxe ausente.
...