Historia Económica. Cuestionario.
Enviado por Sandra75 • 11 de Diciembre de 2017 • 666 Palabras (3 Páginas) • 496 Visitas
...
obtidos mediante observación e razoamento a partir dun método científico. Por isto, a pesar de que a historia si que ten elementos da ciencia posto que parte da observación e o razoamento, non se pode considerar que sexa unha ciencia exacta dado que non permite a elaboración de postulados ou leis dado que continuamente se dan cambios nela. A historia, a diferencia da ciencia, tampouco serve para previr acontecementos futuros, aínda que si nos permite situarnos ante o que pode ocorrer no futuro a partir de feitos pasados.
7. Sirve para algo a Historia?
A historia serve para coñecer o pasado da humanidade e comprender o presente, para aprender dos erros que se cometeron e non repetilos.
8. Sirve para algo a Historia Económica? (A Historia Económica sirve para ser mellor economista?)
A historia económica serve para saber como os distintos cambios económicos que se produciron ao longo dos anos deron lugar á economía actual, o cal axuda na labor dos economistas. A través da historia económica podemos comprender e evitar os erros cometidos no pasado, ao mesmo tempo que axudan a ter un punto de referencia cando se plantexan problemas semellantes aos ocorridos no pasado.
9. Qué e un economista?
Un economista é un profesional cuxos coñecementos, tanto teóricos como aplicados, permítenlle estudar e analizar as causas e efectos dos fenómenos económicos, ao mesmo tempo que prever outros novos.
10. Qué é un historiador da Economía?
Un historiador da economía é un profesional especialista no estudo dos fenómenos económicos que se foron producindo ao longo do tempo e que conforman a nosa economía.
...