Fauna Ibérica en Peligro de Extinción
Enviado por Rimma • 16 de Mayo de 2018 • 1.204 Palabras (5 Páginas) • 418 Visitas
...
Neste momento o Directorio Militar é substituído por un Directorio Civil (1925-1930), (Doc.2), formado maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica. Nesta segunda fase téntase instaurar un réxime corporativo cuxas pezas básicas serían: a Organización Corporativa do Traballo (1926) coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través dos comités paritarios os cales contaban coa participación e apoio dos sindicatos católicos e tamén da UXT, ó mesmo tempo elaborouse unha ampla lexislación laboral e social co obxectivo de mellorar as condicións dos traballadores; a Asemblea Nacional (1927) elaborou e presentou proxectos de leis ó Goberno, formada polos representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos sectores económicos e da Unión Patriótica; potenciación do desenvolvemento económico (Doc.3 e 4), puxo en práctica unha política económica baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo no que as principais medidas eran o proteccionismo, regulamentación do produto, control do mercado interior, fomento da produción nacional e a formación de monopolios; potenciación das obras públicas e o intento de reforma fiscal.
O resultado destas medidas foi un incremento da económico que mantivo a produción española a niveis non competitivos a escala internacional, ademais dun elevado gasto de Estado, o que provocou un crecemento do déficit público e da progresiva redución de recursos financeiros. Outras consecuencias desta medida foron o endebedamento polos créditos con baixos intereses, o déficit de pagos e a contexto internacional polo crack do 29.
A crise pola que atravesa España leva aos republicanos a posicionarse en contra da ditadura de Primo de Rivera (Doc.5). A oposición ao réxime acentúase dende distintas frontes:Os republicanos formaron a ORGA en Galiza, os estudantes incrementaron as súas protestas e fundaron a FUE, os anarquistas organizaron atentados contra o rei e fundaron a FAI (Federación Anarquista Ibérica) e por último formouse unha oposición ao exército contraria á reforma militar, disolución do sector da artillería. Ante estas dificultades o ditador presentou a dimisión ante o rei .
Primo de Rivera encargou ao xeral Berenguer a formación dun novo goberno pretendendo restablecer a normalidade política coa Constitución de 1876. A clase media revélase ante a posibilidade do restablecemento da Quenda, ante a axitación política e social en 1931 Berenguer foi substituído polo almirante Xoán Bautista Aznar. A idea dunha España republicana collía máis forza. Finalmente, a Alianza Republicana promove unha reunión en San Sebastián o 17 de agosto de 1930 á cal asistiron representantes de todos os partidos defensores do republicanismo, será aquí onde se firme un acordo que acababa coa monarquía deAfonso XIII (Pacto de Ostende). É proclamada a Segunda República española.
Na década de 1880 aparece en Galiza un movemento de carácter rexionalista, é dicir, un movemento que busca, xustifica e defende especificamente para Galiza, tanto o emprego da lingua propio como a consecuencia do dereito á autonomía política e administrativa sen rachar a unidade do Estado español. Á súa vez foi creada a ORGA (Organización Republicana Galega) a cal tiña á cabeza a Quiroga.
A inestabilidade da Crise da Quenda fai que se encamiñe o sistema político cara unha réxime ditatorial que sería gratamente recibido pola poboación mais as crises durante a ditadura orixinou que a oposición crecese que xunto coa prolongada duración do período levou ao fin deste Goberno. Así mesmo prodúcese o fin da dinastía de borbón posto que Afonso XIII unira o seu futuro co de Primo de Rivera; nun comezo coa abolición do Sistema Turnista e posteriormente coa aceptación da dimisión do ditador.
...