Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

Pascicultura e sistemas agroforestais

Enviado por   •  15 de Enero de 2019  •  3.357 Palabras (14 Páginas)  •  451 Visitas

Página 1 de 14

...

- Preemerxencia: Actúan antes de que a mala herba emerxa

- Postemerxencia: Os máis utilizados en montes. Aplícanse sobre a parte aérea. Actúan sobre plantas xa nacidas

Lume prescrito: Pódese facer un desbroce mediante unha queima controlada. Para facelo o mato ten que ser continuo. A vantaxe deste método e que é barato, pero ten inconvenientes como o perigo de que se descontrole o lume, por iso hai que establecer medidas preventivas, como cortalumes, medios de extinción... Non se recomenda este método en pendentes elevadas, con ventos fortes (mais de 15 km/h)... Ademais esta práctica pode ser contaminante e afectar a materia orgánica e a vida do solo. Non elimina o problema de raíz (as raíces van seguir vivas) e poden quedar bancos de sementes no solo. Moitas son especies pirófitas, e dicir, o lume estimula a súa xerminación. Co calor a testa da semente dilatase e o enfriar contraese, polo que se agreta e xermina. Para evitar estes inconvenientes e moi importante elixir un momento axeitado para realizar esta práctica, e dicir, hai que buscar un momento no que a parte aérea do mato este seca pero o solo este húmido (para protexer a vida do mesmo e dos microorganismos). As mellores épocas para a súa realización e o inverno, sobre todo os días de sol e xeada, pois así teremos o solo conxelado. Na implantación de pradeiras esta práctica ten a vantaxe de que as cinzas un efecto de fertilización

Biolóxico: O desbroce biolóxico e o que realizan os animais. Non e unha práctica aconsellable para a implantación de pradeiras, pero e importante no control de incendios e da pradeira cando xa está implantada

- Laboreo do solo

O paso seguinte é o laboreo, co que se pretende que as sementes teñan un bo leito para xerminar. Debese conseguir que a terra esté ben traballada (mullida, esponxosa, solta). Podense diferenciar 3 métodos: Laboreo total, Laboreo mínimo, Non laboreo

Laboreo total:

Faise nun terreo mecanizable, de boa calidade e sen límite de presuposto. Utilizase sobre todo en explotacións agropecuarias

- Labores de arado

- Vertedeira

- Discos

- Laboreos de gradeo

- Discos

- Cultivador de ganchos

- Recollida de leña e pedras

- Labores de fresa

- Allanado

- Rulado

Os labores de arado desprazan a capa superficial, onde están as sementes e nutrientes, ata capas máis profundas. Debemos intentar que o laboreo de arado para pradeira non sexa profundo, realizando con arado agrícola e nunha profundidade que non supere os 30 – 40 cm. E máis recomendable o arado de discos que o de vertedeira, porque non se engancha nas pedras nin nas raíces. Si se fai máis mais dun labor de arado e mellor facelo cruzado.

Despois dos labores de arado normalmente e conveniente utilizar os dous tipos de grada (discos, cultivador de ganchos), tamén en pases cruzados

É común que despois destas operacións queden restos de pedras ou raíces sobre o terreo, que convén retiralos nun tractor con remolque. Isto faise para facilitar os traballos posteriores

O traballo de fresa e moi importante para desfacer os terróns que queden. Faise un ou varios pases

É frecuente que despois desto a superficie non sexa lisa e presente fondos e vales. Se isto sucede hai que facer o allanado, que se pode realizar atando o tractor un tablón de madeira ou ramas de árbores

O paso final e o rulado. Consiste en pasar un rulo polo terreo que vai tirado por un tractor. Recoméndase que teña aproximadamente 100kg de peso por metro lineal é normalmente son de 3m de lonxitude Desta forma o que se fai e compactar un pouco o terreo e evitar que haxa buratos polos que se coen as sementes. Recoméndase non enterrar as sementes mais de 2 – 3 veces a súa dimensión maior

Non sempre hai que facelos todos, depende do caso

Laboreo mínimo: Utilízase sobre todo en monte

- Gradeo

- Fresado

- Rulado

Non laboreo:

Consiste en facer unha pequena corta do mato mais grande logo facer un desbroce mediante lume prescrito. A continuación procédese a sementeira e a fertilización. Non hai laboreos de terreo. Recomendable cando o terreo non e de calidade, non mecanizable ou para unha mellora de pasto. Neste método estamos moi condicionados polos condicións meteorolóxicas, por iso se recomenda facer a sementeira en cinza quente, e dicir, xusto despois de queimar

Tamén se recomenda usar mais sementes que nos outros métodos e fertilizar despois da sementeira, non antes, para que o propio fertilizante actúe como repelente (tamén se usa menos fertilizante que nos outros métodos)

- Fertilización e encalado

Fertilización de implantación ou establecemento:

Faise cando estamos preparando o terreo, para levar o nivel de nutrientes do solo o óptimo para as plantas. Hai que ter en conta que algunhas variedades son esixentes. O procedemento mais lóxico e coller mostras durante o laboreo, para levar a laboratorio e saber así o Ph e a cantidade dos distintos nutrientes que se deben aportar

Fertilización de restitución ou mantemento:

Faise cando xa a pradeira está funcionando. O que se pretende e restituír os nutrientes que as plantas van extraendo do solo. Normalmente os aportes de rocha nai non son suficiente. Se non se fai esta fertilización cando é necesaria, as especies sementadas non van xerminar ben e tenderan a desaparecer, sendo substituídas por outras especies da zona mas frugais, polo que a pradeira terá menos produción e de peor calidade

Encalado:

É unha corrección da acidez dos solos, engadindo substancias neutralízante (a mais utilizada e barata é a rocha caliza). Faise cando se está preparando o terreo

Unidades de nutrientes

...

Descargar como  txt (21.8 Kb)   pdf (71.5 Kb)   docx (25 Kb)  
Leer 13 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club