Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

Que ocorre en Grecia actualmente e que leva ocorrido?

Enviado por   •  25 de Febrero de 2018  •  2.650 Palabras (11 Páginas)  •  294 Visitas

Página 1 de 11

...

---------------------------------------------------------------

A xuventude hoxe

“Que lle pasa á xuventude hoxe en día? Eu cando tiña a súa idade...”. Isto é algo que nós, os que pertencemos ó colectivo da xuventude, adoitamos escoitar por parte dos que nos superan en idade. Levan razón en que algo está a pasar. Un cambio acelerado no noso xeito de vivir a infancia se produce actualmente en nós. Cada vez, dende hai unhas décadas, os rapaces adquiren ambicións de pasar a ser adultos notablemente máis cedo que os integrantes da xeración precedente. Tamén á maduración física e psicolóxica parece chegar antes do que se cría normal ou adecuado. Agora os rapaces teñen un gran protagonismo nas nosas sociedades posto que son o futuro dos países. Todo isto é debido a unha serie de factores que parecen provir principalmente da industrialización do mundo. A televisión, internet e en xeral a súa facilitada proximidade ás tecnoloxías das comunicacións permítenlles descubrir certos temas como a sexualidade, moito antes do que ocorría hai anos, cando se mantiña como un gran tabú durante longo tempo. Tamén hoxe a xuventude está moi motivada polo sentimento consumista posto que teñen, ademais, maior capacidade adquisitiva. Por último, entre outras moitas cousas, os mozos e mozas das máis recentes xeracións reclaman a súa independencia (parcial) sendo máis pequenos cada vez, e tamén mostran máis rebeldía e intencións de contrariar ós adultos que hai anos. Inda que todo isto poda parecer escandaloso para algúns adultos e teña toda clase de diversas opinións por parte do resto deles, é así como somos. Non obstante é importante para nós mesmos ter unha visión exterior sincera sobre a nosa xeración, que non teña ánimo de atacarnos e nos amose de xeito obxectivo a nosa realidade para entender o que nos está a pasar. O que nos pasa é algo, na miña opinión, imposible de dominar totalmente, pero si podemos reflexionar sobre o que facemos antes de penetrar nos temas que condicionarán o noso porvir e desfrutar debidamente da nosa xuventude. Saber que non é unha necesidade probar as drogas ou o alcol antes dos dezaseis e moitas cousas máis. En definitiva sermos conscientes do que facemos, cuestionar por que o facemos e sobre todo non sentirnos forzados a facer algo para manter a nosa felicidade senón que se finalmente decidimos ter unha nova experiencia, que sexa por que ti o queres así, pero tendo ben claras as consecuencias de facelo

---------------------------------------------------------------

Que son os movementos cidadáns?

Os movementos cidadáns, movementos cívicos ou movementos sociais son rebelións de cidadáns que perseguen un cambio. Trátase dun conxunto de persoas que teñen unha mesma ideoloxía e que traballan unidas para conseguir que unha inxustiza deixe de selo. Estes fan o que se teña que facer, sexa moito ou pouco, con tal de non quedar cos brazos cruzados e adaptarse á situación pola que pasan.

Algúns exemplos son Stop Deshaucios, Ahora en Común, La Casa Invisible, Acampada DIgnidad, los Yayoflautas...

Eu penso que estes movementos son moi motivadores para os españois posto que os seus resultados están aí, nas noticias. Por suposto hai casos de movementos que non chegaron a conseguir o seu propósito pero isto sempre ocorre con todo. Polo menos os fins que perseguen estes movementos sociais non son unha utopía. Moitos deles fan realidade as súas intencións dun mellor país. Se máis e máis movementos o conseguen, máis e máis españois terán a vontade de manifestarse na rúa contra as inxustizas do goberno. Así poderemos cambiar o noso modo de vivir.

Tamén é importante pensar noutras solucións, como a recadación de firmas online. A plataforma Change.org é unha gran comunidade que xa leva anos de exitosos resultados. Calquera pode entrar na súa web, e deixar o seu voto online a favor dun determinado cambio no país. Cando o número de votos rebasa o mínimo, entón a petición é presentada ó organismo correspondente. O teu voto non ten por que ser visto por ninguén que visite a web. Non son votos anónimos pero só están á vista do que organiza a petición. O mellor é que un pode solidarizarse con calquera e deixar a súa firma en cantas peticións como desexe. Non tes por que mostrarte a favor unicamente das peticións que te afecten directamente, senón que tes a opción de axudar a todo aquel que creas que realmente está facendo unha petición que mellorará algo no país.

En definitiva, como ben dixo a representante do movemento Yayoflautas, quen non loita xa perdeu. É mellor intentalo que non intentalo, inda se só tes unha pequenísima posibilidade de gañar. Hai que aproveitar calquera pequena probabilidade, e é este o sentimento que todo cidadán debería adoptar, na miña opinión. Xa que todos habitamos este mesmo país, todos deberíamos demostrar ós altos cargos a nosa postura fronte as inxustizas que practican sobre nós.

---------------------------------------------------------------

Cal é a situación dos refuxiados sirios e cal é a actitude da EU?

---------------------------------------------------------------

Valora a Ecoloxía, o Pacifismo, o Feminismo como as tres correntes ou movementos de compromiso máis importantes dos séculos XX e XXI?

---------------------------------------------------------------

Que está a pasar nas fronteiras de España e África e cal é a situación dos emigrantes/inmigrantes? Cal é a postura da UE?

España trátase da porta ó paraíso para os inmigrantes africanos. Europa para eles é un mundo de posibilidades onde teñen refuxio, diñeiro, educación e recursos para todos. A opción menos arriscada para eles é saltar o valo de Melilla. Se teñen éxito en chegar ó que se considera territorio español (Ceuta ou Melilla), ao non poderen acoller estas pequenas cidades tantos refuxiados, a Garda Civil vese obrigada a traelos a España. Os que poden reunir certa cantidade de recursos pagan ás mafias, as cales organizan pateras repletas de inmigrantes que atravesan o estreito ata chegar á península directamente. Esta última opción ten moitos máis riscos, e é que cada vez pódense escoitar máis e máis noticias acerca de naufraxios de balsas de inmigrantes africanos. Desesperados, aceptan calquera opción, pero as mafias non lles

...

Descargar como  txt (20.2 Kb)   pdf (67.8 Kb)   docx (21 Kb)  
Leer 10 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club