Contenido publicitario, caracteristicas (cat)
Enviado por Rebeca Resúa Tubío • 18 de Noviembre de 2020 • Apuntes • 280 Palabras (2 Páginas) • 391 Visitas
ANUNCIO 1: DGT francesa
O contido emocional deste anuncio publicitario é o temor. O anuncio pretende ser realista e causar unha sensación de pena ao ver as consecuencias de non respetar as normas de seguridade. Ademais, as imaxes empregadas intentan que a xente se identifique cos actores dado que emprega a elementos “nenos” e “familia” para impactar máis no público.
Anuncio 2: Plan B de oral B con Sobera.
Neste anuncio, empregan a un personaxe coñecido para que actue en favor do produto. Os potenciales clientes poden mercalo produto debido aos atributos do personaxe en cuestión.
Ademais diso, empregan testimonios de expertos (dentistas) e opinións de xente que utiliza o produto para darlle máis credibilidade aos seus argumentos. A figura dos expertos son un dos puntos fortes debido a que depositamos confianza no que din debido aos coñecementos que posuen na materia.
Anuncio 3: Casa Tarradellas
Neste caso, o contido utilizado foi emocional. Preséntasenos un fragmento dunha escena cotiá dunha familia. Na miña opinión aporta un toque emocional debido a que cando a rapaza do spot está triste trala recente ruptura co mozo, afoga as súas penas comendo pizza co seu pai porque como di no anuncio:“como na casa en ningun sitio”
Anuncio 4: IKEA
Tratan de crear controversia co anuncio publicitario. Nel, a marca IKEA trata de facerlle ver aos seus clientes que os colchóns que queren mercar son máis baratos que os da competencia e que son os mellores, é dicir, que o precio non é un indicador da calidade. A xente tras probalos colchóns móstranse decididos a mercalos a pesar do prezo e de a moraleja do anuncio é que se algo custa pouco, non implica que sexan de menor calidade.
...