Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

COMENTARIO DE HISTORIA SEXENIO DEMOCRÁTICO (PAU XUÑO 2013)

Enviado por   •  27 de Agosto de 2018  •  1.970 Palabras (8 Páginas)  •  382 Visitas

Página 1 de 8

...

o que aparece no “Art. 32: A soberanía reside esencialmente na nación (...)”; aínda que tamén se defende a monarquía como forma de goberno, o que se mostra no “Art. 33: A forma de goberno da Nación Española é a Monarquía”; se defende a separación de poderes, como se pode apreciar no “Art. 34: A potestade de facer as leis reside nas Cortes. O rei sanciona e promulga as leis”, no “Art. 35: O poder executivo reside no Rei, que o exerce por medio dos ministros”, e no “Art. 36: Os tribunais exercen o poder xudicial”; e tamén se defenden dereitos como o da liberdade de prensa sen censura previa no “Art. 17: (...) do dereito de emitir libremente as súas ideas e opinións, xa sexa de palabra ou por escrito(...)”, e a liberdade de asociación (mencionada ademais no Documento 1 tal e como se comprobou) tamén no “Art. 17: (...) do dereito de asociarse para tódolos fins (...) que non sexan contrarios á moral pública”. Cabe dicir que esta Constitución é ata agora, a máis liberal e democrática en todos os aspectos, polo que ten unha gran importancia.

Tras a promulgación da Constitución, Serrano foi nomeado rexente no canto de que se buscaba a un novo candidato para a Coroa española, que tiña que cumprir varias premisas: que fora católico, liberal, e que contara coa aprobación das potencias europeas. Foi elixido Amadeo I de Savoia, fillo do rei de Italia Manuel II, que contaba co apoio de Prim (aínda que cunha forte oposición entre os deputados das Cortes). Foi o primeiro monarca elixido de forma democrática, aínda que o seu reinado so durou dous anos debido ós numerosos problemas que viviu, entre os que destacan: o asasinato nun atentado do xeneral Prim, o que o deixou sen o seu principal valedor e provocou a súa vez a ruptura da coalición gobernamental (unionistas, demócratas e progresistas), ademais do aumento das tensións entre os diferentes líderes dos grupos políticos (Serrano, Sagasta e Ruiz Zorrilla); tamén se produciron conflitos bélicos, tales como a Guerra de Cuba (iniciada en 1868, aproveitando que España vivía un momento de debilidade) ou a Terceira Guerra Carlista (iniciada en 1872, tivo un amplo apoio popular en zonas das provincias vascas en Navarra); ademais case non tiña apoios nin da Igrexa (debido ó seu liberalismo e porque permitiu a liberdade de cultos), nin da aristocracia (o vían como un intruso), nin da oposición republicana (que intentaba conseguir apoio popular para proclamar a República), e nin sequera tivo apoio por parte da poboación.

Todo isto fixo que o 11 de febreiro de 1873 Amadeo I decidise comunicar a súa decisión de abdicar, renunciando así á Coroa española; tal e como se mostra no documento 3 no que Amadeo explica que España vive en constante loita, tal e como o afirma cando di: “(...) a España que vive en constante loita, vendo cada día máis distante a era de paz que eu desexo (...)” (liña 1), o que lle leva a dicir que “España é ingobernable”. No texto tamén se despide recordando que chegou sendo elixido de forma democrática, tal e como o afirma cando di: “(...) a Coroa que me ofreceu o voto nacional (...)”.

Tras a renuncia de Amadeo I, o Congreso e o Senado ante a falta de alternativas , decidiron proclamar a Primeira República; a Asemblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e nomeou como presidente a Estanislao Figueiras. Neste momento apareceron fortes diferenzas entre os republicanos, o que os dividiu en unitarios (defendían a república unitaria), federais gradualistas encabezados por Pi i Margall (defendían a configuración da federación desde arriba), e os federais intransixentes ou cantonalistas (defendían a configuración da federación desde abaixo).

Ante estas tensións se decidiu convocar eleccións, nas cales saíron elixidos os federais gradualistas; a nova Asemblea proclamou a república federal e nomeou presidente a Pi i Margall. Elaborouse un proxecto de Constitución federal que nunca se chegou a aprobar; os aspectos máis importantes aparecen recollidos no Documento 4: España se organizaría en 17 Estados federados (se inclúen Cuba e Porto Rico), o que aparece no “Art. 1: Compoñen a Nación Española os Estados de (...)”; deféndense a soberanía nacional a través da autonomía municipal (os cidadáns son representados por organismos políticos) e o sufraxio universal, tal e como aparece no “Art. 42: A soberanía reside en todos os cidadáns, e exércese en representación súa polos organismos políticos da República constituída por medio do sufraxio universal”; tamén se defende a separación de poderes, que aparece representado no “Art. 45: o poder da Federación divídese en poder lexislativo, poder executivo, poder xudicial e poder de relación entre estes poderes”.

A partir deste momento sucederase un período de gran axitación social no que as numerosas folgas e protestas de traballadores, xunto coa proclamación da independencia de cantóns por parte dos federais intransixentes (o que causará a propagación en Levante e Andalucía do movemento cantonalista); provocarán a dimisión de Pi i Margall. A República terá outros dous presidentes (Nicolás Salmerón e Emilio Castelar), ata que o xeneral Pavía en 1874 de un golpe de Estado e disolva a Asemblea Nacional (será a primeira vez que no s.XIX un militar dea un golpe de Estado en nome do exército), sendo Serrano proclamado rexente ata que o país se pacifique.

As tensións entre republicanos, a guerra cubana e carlista, e o aumento das reivindicacións sociais revolucionarias por parte da clase traballadora, van a provocar unha permanente inestabilidade e un gran temor nas clases propietarias; todo isto propiciará a volta de Afonso de Borbón, fillo de Sabela II, quen se presenta no Manifesto de Sandhurst como un monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal.

Como conclusión, estes textos reflexan perfectamente o período do Sexenio Democrático, que comezou cunha revolución cargada de esperanza e terminou cunha República que se fixo imposible debido a todos os conflitos que apareceron. É importante destacar o feito de que o último texto non fai referencia ó final da Primeira República, en cambio, refírese o momento máis delicado da mesma.

...

Descargar como  txt (12.2 Kb)   pdf (53.3 Kb)   docx (15 Kb)  
Leer 7 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club