El movmiento obreiro (PAU Galicia)
Enviado por Mikki • 6 de Diciembre de 2017 • 843 Palabras (4 Páginas) • 401 Visitas
...
En 1868, a revolución da “Gloriosa” permitiu unha certa liberalización. A Constitución de 1869 contemplaba coma un dereito recoñecido a posibilidade de asociarse, e isto permitirá a chegada a España das ideas anarquistas. O encargado de difundir a teoría anarquista foi Fanelli, que en realidade viu a España como difusor da I Internacional, xa daquela dividida entre dúas tendencias: marxista e anarquista. Sería o xenro de Marx, Lafargue,o que espallaría aquí a corrente marxista da AIT. A AIT, Asociación Internacional de Traballadores, foi unha organización obreira fundada en Londres en 1864. Impulsada pola corrente marxista pretendía ser o referente internacional das organizacións obreiras para posibilitar unha acción coordinada.
Pero como vemos no Doc.3 contou sempre coa encarnizada oposición dos gobernos e das clases burguesas. O xornal “La Defensa de la Sociedad”, de claro corte conservador, móstranos a alarma que había en torno a esta organización obreira.
Para poder entender esta razón de alarma necesitamos explicar a ideoloxía destes ideais:
O anarquismo é unha corrente de pensamento que pretende construír unha sociedade na que exista a igualdade, a liberdade individual e a xustiza social sen necesidade de ningún tipo de poder ou de goberno. Son anti-estatais e por iso rexeitan a acción política, a creación de partidos políticos e a participación nas eleccións.
O marxismo é a ideoloxía elaborada por Karl Marx e Engels. Esta concibía a sociedade como unha loita de clases con intereses opostos que queren asegurar o seu dominio. Para Marx o desarrollo do capitalismo esixe cada vez un maior número de obreiros e unha maior explotación destes, polo que resulta inevitable unha revolución que destrúa a sociedade burguesa opresora. Pretende a ditadura do proletariado, que suprimirá a propiedade privada e o establecemento dunha sociedade comunista, unha sociedade igualitaria, sen clases sociais e sen Estado opresor.
Entre a represión e a división ideolóxica a I Internacional acabaría por finalizar en 1874.
...