Historia politica
Enviado por 18122007 • 19 de Abril de 2022 • Apuntes • 3.064 Palabras (13 Páginas) • 314 Visitas
TEMA 6
os reximes democraticos
A democracia é o réxime político que organiza as sociedades da maioría dos países desenvolvidos. O réxime democrático é o que mellor permite ás cidadás e os cidadáns expresar a súa opinión, e tamén o que mellor protexe os dereitos fundamentais dos seres humanos.
Por réxime político entendese o conxunto de principios, normas, accións e institucións que regulan a actividade política dun determinado estado. Democracia (palabra derivada do grego demos -pobo- e crateo -goberno-) significa goberno do pobo para o pobo . As bases dun sistema democrático son:
- A participación política dos cidadáns. É a forma a través da que a cidadanía toma parte das decisións políticas.
- Exercicio periódico de voto. O voto é o instrumento a través do que se manifesta politicamente a vontade do corpo electoral, expresando unha opción por unha persoa, ideoloxía ou proposta. Elíxense os representantes que forman as institucións publicas e tamén aproban ou rexeitan determinadas leis. Ten dereito o voto toda a poboación nacional maior de idade, homes e mulleres. O voto debe ser directo, secreto e libre.
- Pluralismo político, de xeito que os votantes poidan elixir entre as varias opcións políticas que representan os partidos políticos.
- Eleccións libres, imparciais e frecuentes. Os procesos electorais caracterízanse por unha sucesión de etapas. A convocatoria electoral, a campaña, a votación, o escrutinio e a proclamación oficial dos candidatos elixidos.
- Recoñecemento explícito de dereitos e liberdades individuais, entre os que destacan a liberdade, nas múltiples manifestacións, e a igualdade ante a lei. É a obriga dos gobernos protexelos e garantilos.
- Separación de poderes. O poder político debe estar repartido en tres areas:
- O poder lexislativo, o de elaborar e aprobar leis, reside nos `parlamentos
- O poder executivo, o encargado de facer que se cumpran as leis, exérceno os gobernos
- O poder xudicial, coa misión de impartir xustiza xulgando o incumprimento das leis, esta exercido por xuíces e maxistrados.
- Existencia dunha constitución, a lei-marco de organización do estado na que figuran os principios fundamentais que definen o seu ordenamento xurídico. O seu cumprimento é obrigatorio para todos os individuos e todos os poderes públicos
estado de dereito e sociedade democratica
O estado de dereito e aquel que esta regulado, controlado e sometido ao imperio da lei, é dicir, aquel no que a lei, elaborada polos lexítimos representantes da comunidade, está por riba de todos os individuos, os grupos ou institucións. As características básicas de todo estado de dereito son:
- O imperio da lei
- A división dos poderes, lexislativo, executivo e xudicial.
- Control xudicial da administración de todos os organismos, cargos e institucións do estado
- Recoñecemento, garantía xurídica e aplicación efectiva dos dereitos e liberdades fundamentais das persoas, entre os que destacan os seguintes:
Dereitos individuais | Dereitos políticos | d.económicos e sociais | Dereitos xurídicos |
A vida e á integración física A liberdade: de expresión, de pensamento... Á igualdade ante a lei A dignidade moral da persoa Á inviolabilidade do domicilio e da correspondencia | Dereito de sufraxio mediante voto universal Eleccións libres Pluralidades de opcións políticas Control efectivo das funcións de goberno Existencia da constitución Existencia de parlamentos lexislativos | Dereito o traballo Dereito a folga Dereito a un salario digno dereito á atención sanitaria Dereito a educación | Dereito a unha xustiza imparcial e independente Dereito a non ser detido arbitrariamente Dereito a un proceso con garantías Dereito a contar con recursos xurídicos Dereito dos detidos a non ser sometidos a malos tratos |
os reximes non democraticos
A diferencia dos réximes democráticos, os non democráticos teñen como característica común que o poder é exercido por unha persoas ou institución sen atender a aprobación dos gobernados.
A orixe da maioría dos réximes non democráticos esta nunha situación de crise política ou socioeconómica, o ditador presentase como a solución a todos os problemas. A constitución e o estado de dereito son anulados e, no seu lugar, imponse a vontade do ditador.
Os réximes non democráticos caracterízanse por:
- Non existe división de poderes. O poder exercese de forma persoal ou co apoio dunha institucións ou colectivo.
- Non existe control de goberno. Nalgúns casos existen formalmente os parlamentos, non desempeñan a súa función propia, pois o ditador exerce o poder lexislativo e non permite que se controle a súa actuación.
- Non se recoñecen a maioría dos dereitos individuais nin os dereitos políticos, ou quedan supeditados aos intereses do estado, interpretados polo ditador.
- Non existe pluralidade política. No caso de que se celebren eleccións, a única opción de voto son as listas do único partido legalizado, o partido que sustenta o poder do ditador.
- O poder exercese de forma arbitraria
- A persoa que exerce o máximo poder é exaltado polos seus seguidores ante o pobo como a persoa sacrificada capaz de entregar a súa propia vida polo seu pobo.
ditaduras
- O ditador presentase como unha solución transitoria para poñer orde e sanear o pais, pero a tendencia dos ditadores é a de perpetuarse no poder. Noutros casos, o ditador cambia a orde anterior e instaura un réxime político novo (a ditadura de Franco en España, 1939-1975)
- Non se permite a oposición política. Só existe un partido político legalizado, o que lidera o ditador.
- Os ditadores alcanzan o poder por un acto de forza (golpe de estado)
- exercito constitúe o principal apoio do ditador que na maioría dos casos é un militar
totalitarismos
- contan cunha doutrina ideolóxica previa que os xustifica, organiza un novo estado e configura o gran partido único de masas que se desenvolve en cada un dos estados totalitarios (Italia, Alemaña, unión das repúblicas soviéticas)
- están representados por dous tipos de ditaduras ideoloxicamente opostas: os fascismos e as democracias populares dos estados socialistas
- o aparato do estado controla todos os aspectos da vida dos cidadáns, desde as actividades económicas ás científicas e artísticas, incluída a educación e moral individual
monarquias e repúblicas
Monarquías
A monarquía é a forma de goberno na que a máxima autoridade política – o xefe do estado- reside nun só individuo que exerce esa autoridade con carácter vitalicio. A titulación de xefe do estado pode ser a de emperador(Xapón), rei (España), príncipe (Mónaco), duque (Luxemburgo), sultán (Omán), emir (Kuwait)
Segundo o sistema de transmisión da autoridade do monarca diferenciase:
- monarquía hereditaria, cando a autoridade se transmite de pais a fillos. Segundo establezan as leis, poden darse tres situacións:
- que herde o fillo maior, sexa muller ou varón
- que entre os fillos do monarca reinante se prefira o home ante a muller
- que as mulleres estean excluídas do trono
- monarquías electivas, unicamente vixente en países de oriente medio, nas que se transmite a autoridade entre membros da familia do monarca reinante falecido, decisión que toma un consello formado por un numero reducido de membros.
Segundo as limitacións coas que exerza o poder o monarca:
- monarquía absoluta: o monarca concentra a súa persoa en todos os poderes do estado sen limitación. Foi o sistema característico da época do antigo réxime.
- Monarquía constitucional: as atribucións do monarca están limitadas pola constitución, pero esta exércelle parte do poder lexislativo e executivo.
- Monarquía parlamentaria: o poder do monarca esta limitada polo parlamento constitucional. Os monarcas reinan pero non gobernan.
repúblicas
A república é a forma de goberno na que os poderes do xefe do estado proveñen da vontade popular. A característica esencial da república é que o presidente, o xefe do estado, é elixido polo corpo electoral para que exerza as súas funcións por un período determinado.
...