Apuntes historia del barroco
Enviado por Rebecca • 2 de Enero de 2019 • 662 Palabras (3 Páginas) • 385 Visitas
...
Foi o fin da imposición do catolicismo como relixión do Imperio.
2.2 A monarquía absoluta
Nalgúns países europeos,encabezados por Francia,a monarquía autoritaria evolucionou cara á monarquía absoluta.O rei concentraba todos os seus poderes e constituía a encarnación mesma do Estado.
A monarquía,considerábase de orixe divina porque a autoridade do monarca proviña directamente de Deus.
El era a lei,a autoridade máxima dde goberno,a cabeza da xustiza e dirixía a política interior e exterior.
O seu poder non se sometía a ningún control e non compartía a soberanía con ninguén.O monarca estaba auxiliado por ministros,conselleiros e secretarios,e tamén por un gran número de funcionarios.
2.3 A Francia de Luís XIV
A segunda metade do século XVII estivo marcada pola hexemonía francesa en Europa,onde triunfou o absolutismo monárquico de Luís XIV.
Luís XIV,coñecido como “o Rei Sol” porque o seu poder era absoluto,transladou a súa corte ao Palacio de Versalles,preto de París.
Baixo o seu mandato,Francia conseguiu imponer o seu poder político e militar en Europa e exercer unha grande influencia no terreo cultural e artístico.
2.4 Os inicios do parlamentarismo
Na meirande parte de Europa triunfaba o absolutismo en Inglaterra e nos Países Baixos desenvolveuse un sistema político no que a monarquía cedía parte do seu poder ao Parlamento.Iniciábase deste xeito unha nova forma de goberno:o parlamentarismo.
En Inglaterra o monarca aceptou a Declaración de Dereitos,promulgada polo Parlamento ingles en 1689,que contiña os dereitos dos cidadáns e fixba que o monarca non podía decretar leis nin impostos sen a aprobación do Parlamento.
Os Países Baixos organizáronse nunha República que contaba co seu propio Parlamento e reuníanse para adoptar decisión común.
[pic 2]
...