Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

Tema: A formacion da polis

Enviado por   •  8 de Abril de 2018  •  1.240 Palabras (5 Páginas)  •  460 Visitas

Página 1 de 5

...

A pólis expresa igualmente a excelencia da vida en sociedade. O social será entendido como un estado natural e necesario para que o ser humano acade a sua plenitude.

Neste sentido, o demos (pobo) será o novo protagonista colectivo das decisións políticas. Este poder exprésase a través do dereito a participar a falar na asamblea (isegoría) e convértese nun dos grandes piares da democracia ateniense. Unha democracia asentada- entre outros- en tres grandes principios:

- Isegoría: dereito a falar na asamblea.

- Isonomía: Igualdade de todos diante da lei.

- Eleutheria: uso e disfrute de Liberdade.

Como afirma o profesor Emilio Lledó, a libedade de pensar e o exercicio da racionalidade son un escudo que protexe ao pobo contra a tiranía e a oligarquía”.

A pólis xurde, pois, como un proxecto solidario contra a inxusticia de etapas anteriores. Porque a pólis é un proxecto colectivo na procura dun ben común. Un ben común que se fundamenta na realización da xustiza (diké), e ten como finalidade elaborar unha lei (nomos) aceptada e respetada por todos (isonomía).

Esta lei (nomos) será a base da construcción da moral (ethos), como conxunto de hábitos e costumes nos que cada persoasíntese aceptada e protexida pola sociedade. O ben e o mal xa non dependen dunha decisión dun rei ou dunha aristocracia, senón dunha lei colectivamente asumida que obriga a todos por igual.

A formación da pólis implica tamén a aparición de dous conceptos que caracterizan e realzan a esencia da cultura ateniense: a felicidade (eudaimonía) e a excelencia (areté). (Ambos conceptos verémolos claramente expostos en Platón e Aristóteles).

Ambas estarán ligadas a unha certa función social. Porque ser feliz non consistirá en tér ou acaparar riquezas, senón en realizármonos como persoas. E quen consigue superar as ataduras da vida cotiá e mundana, pode acadar a excelencia (areté).

Hai, por último, un trazo democrático de enorme importancia na formación da pólis: o valor da educación (paideia) como medio para acadar a virtude e a felicidade. Porque a virtude (e a excelencia (areté)) non son xenéticas nen hereditarias, a virtude é algo ao que todos os seres humanos podemos acceder a través da ensinanza e da aprendizaxe.

A educación constitúese nun instrumento democrático para que as persoas poidan acceder non só aos cargos públicos e de goberno senón tamén para conseguir un beneficio individual que repercutirá socialmente porque: quen coñece a xustiza, non actuará inxustamente.

Con diferentes matices tanto os Sofistas como Sócrates, Platón e Aristóteles situarán a educación como un piar fundamental no funcionamento da pólis.

En conclusión, neste novo contexto económico e socio-político surxe e florece a filosofía como exercicio e expresión da racionalidade donde a linguaxe –como representación da realidade- terá enorme importancia.

...

Descargar como  txt (8.4 Kb)   pdf (49.4 Kb)   docx (15.2 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club