MAX SCHELER (1874 – 1928) (autor de entre séculos)
Enviado por Jerry • 30 de Noviembre de 2017 • 1.208 Palabras (5 Páginas) • 453 Visitas
...
Os hábitos de conduta pódense xerar por autoaprendizaxe ou aprendizaxe (observando e imitando a conduta observada). A autoaprendizaxe ou a aprendizaxe de hábitos depende tanto de efectos e resultados positivos coma negativos. Exemplos: a) negativo. Un gato aprende a non sacar a uñas cando xoga coas persoas porque causaba un efecto negativo o feito de sacalas antes.
Conduta de fracaso: cando o efecto nos leva a un mal resultado, non o memorizamos nin o adquirimos.
Os vertebrados, grazas á capacidade de facernos cos hábitos de conduta adquiridos, posuímos unha estratexia excelente para sobrevivir a situacións inesperadas e variadísimas. Cando un individuo actúa só seguindo impulsos e instintos, no momento en que se dean circunstancias imprevistas, a rixidez da súa programación instintiva non lle vai permitir inventar unha nova conduta.
Os vertebrados somos máis plásticos que os invertebrados e os vexetais, pois o noso comportamento non está totalmente determinado. Vémonos forzados, de modo natural, a inventar novos comportamentos. A rixidez do instinto evita resultados negativos, máis tamén positivos (lume: resultado negativo = queimarnos; resultado positivo= cociñar). Evitamos esta rixidez grazas á memoria asociativa, a cal nos permite ós vertebrados moita plasticidade: a nosa natureza está programada para adquirir comportamentos de especie. Aquilo que é alleo á natureza non lle proporciona ó vertebrado teno que adquirir inevitablemente despois do nacemento. É a propia bioloxía de vertebrado a que lle forza naturalmente a adquirir condutas non predeterminadas de forma natural.
Concluímos con que os vertebrados temos vantaxes con respecto ós invertebrados e ós vexetais. É unha arma de dobre filo: temos a capacidade de adquirir condutas novas, máis iso pode ser empregado para para condicionar o noso comportamento, é dicir, podemos provocar ou poden provocar en nós unha asociación e un hábito ou conduta, unha forma de pensar ou comportarnos, premiando ou castigando as nosas accións.
NIVEL 4
Grandes simios e intelixencia práctica. Os grandes simios son os pónxidos, que engloban ós gorilas, chimpancés, orangutáns e xibóns. Uníronse a teoría filosófica e a ciencia, cambiando a visión sobre o ser humano e os animais.
Pensábase que os animais estaban preparados para levar a cabo unha resposta fronte a un estímulo. Watson (condutivismo) dixo que viñan determinados na bioloxía ou que son un hábito, é dicir, todo está programado, ben sexa adquirido ou innato.
Os psicólogos da Gestalt non están de acordo con iso. A súa idea básica é a de que o sentido, o significado, a forma, a configuración, ou aspecto dunha situación perceptiva na que está o suxeito non é sempre un sentido para que o suxeito estea preparado (teña unha resposta innata ou adquirida), para actuar automaticamente. Obsérvase que o suxeito non é un autómata, senón que os suxeitos son capaces de organizar de forma inédita ou novedosa tódolos elementos desa situación dando un sentido novo, resposta intelixente, considerada polos psicólogos da Gestalt, intelixencia práctica.
Esta capacidade ponse en marcha cando temos a necesidade de satisfacer algún aspecto, algún fin práctico. Non só os seres humanos son intelixentes, os primates tamén o son, aínda que sexa unha intelixencia práctica. Para estes psicólogos, os animais son capaces de darlle un novo sentido a unha situación para satisfacer unha necesidade. Ante unha situación perceptiva é capaz de darlle un sentido novo a un elemento que por si mesmo non ten, e de interrelacionar tódolos elementos entre si dunha forma persoal.
Podemos logo dicir que debemos comezar a pensar doutro modo. Antes críase que nós eramos os únicos con intelixencia. Se aceptamos que a intelixencia está en niveis anteriores, isto significa que a nosa intelixencia como humanos foi herdada, aínda que adquirísemos máis complexidade ou outra estratexia adaptativa.
...