Mediación comunitaria
Enviado por cccp • 5 de Noviembre de 2023 • Tarea • 921 Palabras (4 Páginas) • 180 Visitas
1. Define en qué consiste la mediación comunitaria. La definición debe incluir los siguientes aspectos: método alternativo de resolución de conflictos, ámbitos de la mediación, cultura de la mediación y principios de la mediación.
A mediación comunitaria é un dos cinco métodos alternativos de resolución de conflictos xunto co xuízo, arbitraxe, conciliación e negociación. Preséntase como un modo de resolución alternativa de conflictos onde o principal obxectivo é que prime a boa convivencia dende a perspectiva dos cidadáns dentro dunha mesma comunidade.
É importante sinalar que para que a mediación exista debe haber a intervención dunha terceira persoa que sexa neutral e imparcial co fin de acadar o consenso entre as partes involucradas. Esta persoa, chamado mediador ou mediadora, nunca imporá un resultado, xa que como ben apuntaba Vinyamata (2003), a clave é que os implicados no conflicto cheguen por eles mesmos a establecer un acordo.
Esta figura é algo que se ven dando ao longo do tempo, asociada a autoridades relixiosas ou persoas de avanzada idade altamente respetadas nas súas comunidades. Ben é certo que non en todos os lugares do mundo tiña a mesma importancia, e según nos deixa ver a historia nas culturas orientais como na China ou Xapón tiñan un gran peso a través da filosofía e da relixión. Alí o consenso social e o equilibrio entre as relacións humanas era a base de todo. Tanto era así, que na antiga China, a mediación era o principal recurso para poñerlle solución ás discrepancias e desacordos.
Tamén en África e América Latina antigamente, ou EEUU máis recentemente, podemos ver como utilizaban este recurso informal evitando así a intervención de xuices e sancións impostas.
Como se ven dicindo ata o de agora, históricamente a mediación tivo un peso moi grande nas relacións entre membros de comunidades, e hoxe en día é utilizada en diversos entornos. Podemos destacar catro fundamentais: mediación no ámbito laboral, mediación familiar, mediación escolar e mediación intercultural.
Tal e como se indicou antes, trátase dun sistema que ten base para resolver conflictos nestes ámbitos, gracias aos principios polos que se rexe: voluntariedade, confidencialidade, imparcialidade, igualdade de condicións e protagonismo.
2. Compara el sistema de mediación con otros dos sistemas alternativos de resolución de conflictos.
Neste caso vamos comparar o sistema de mediación coa conciliación e co xuízo. Como xa se veu antes, a mediación é un proceso no que as partes involucradas colaboran na resolución do conflicto utilizando a comunicación co fin de chegar a un acordo onde ambas partes gañen, pero na que o mediador ou mediadora non propón solucións, senon que son as persoas involucradas no conflicto. Esta diferenza pódese coa conciliación, onde a pesar de ser un proceso voluntario para solucionar conflictos, a terceira parte como conciliadora, si fai propostas de acordo que as partes poden aceptar ou non. Cabe sinalar que é as persoas implicadas son máis activas neste proceso aínda que a solución veña dada ou orientada polo conciliador, aspecto principal que o distingue da conciliación.
...