Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

Proporciones. FINAL OPCION A

Enviado por   •  8 de Noviembre de 2017  •  628 Palabras (3 Páginas)  •  512 Visitas

Página 1 de 3

...

Exercicio nº 18.-

Calcula a área lateral e a área total dun cono que ten unha xeratriz que mide 20 cm e o raio da súa base é de 10 cm. Debuxa esquematicamente o seu desenvolvemento e sinala sobre el os datos necesarios.

Exercicio nº 19.-

Calcula a superficie dunha zona esférica de 40 cm de altura pertencente a unha esfera de 60 cm de raio.

Exercicio nº 20.-

Expresa en distintas unidades (en forma complexa) ou nunha soa (en forma incomplexa), segundo corresponda:

a) 457 982 437 251 dm3

b) 25 hm3 459 dam3 32 m3

Exercicio nº 21.-

Calcula o volume destes corpos:

Exercicio nº 22.-

Representa a seguinte función, indica qué tipo de función é e sinala cál é a súa pendente:

y = 2x − 2

Exercicio nº 23.-

Sinala cál é a pendente e o punto de corte co eixe vertical na función:

y = 3x − 5

Exercicio nº 24.-

Reparte os números seguintes en intervalos de extremos:

50 − 65 − 80 − 95 − 110 − 125

Exercicio nº 25.-

Analiza este climograma e responde ás preguntas.

a) ¿Durante que estación do ano se producen máis precipitacións?

b) ¿En que mes son menores as precipitacións?

c) En función da evolución das temperaturas, ¿dirías que se trata dun lugar costeiro ou de interior? ¿Por que?

Exercicio nº 26.-

Estas foron as cualificacións obtidas por nove alumnos na área de Matemáticas. Calcula a mediana, moda, media e desviación media deses datos:

4 4 5 5 7 7 7 8 9

Exercicio nº 27.-

Unha ra corre dando saltos de 30 cm perseguida por un gato que dá saltos de 45 cm. ¿Cada canta distancia coinciden as pegadas do gato e as da ra?

Exercicio nº 28.-

¿Cantos litros de perfume cómpren para encher 30 frascos de 2/5 de litro de capacidade?

Exercicio nº 29.-

Un depósito baléirase a razón de 2 m3 de auga cada 25 minutos. ¿Canto tempo tardará en baleirarse se ten unha capacidade de 560 m3? ¿Que volume de auga se baleirou ó cabo de cinco horas?

Exercicio nº 30.-

Un banco ofrece un xuro do 4% anual. ¿Que beneficio obteremos se ingresamos 500 euros durante tres anos?

Exercicio nº 31.-

Un pai ten 34 anos e o seu fillo, 12. ¿Ó cabo de cantos anos a idade do pai será o dobre cá do fillo?

...

Descargar como  txt (3.8 Kb)   pdf (62.2 Kb)   docx (11.6 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club