Essays.club - Ensayos gratis, notas de cursos, notas de libros, tareas, monografías y trabajos de investigación
Buscar

Presión atmosférica tarea

Enviado por   •  7 de Enero de 2019  •  2.161 Palabras (9 Páginas)  •  237 Visitas

Página 1 de 9

...

Unha vez elevadas expándense cando hai baixa presión, e neste estado tamén diminúe a súa temperatura, facendo que a auga contida nas masas de aire se condense dando forma ás nubes.

- PRESIÓN

A presión é unha magnitude escalar. Considérase a relación entre a forza aplicada e a área de contacto onde se aplica a forza

Canto menor sexa a área en contacto coa forza maior será a presión aplicada. Canto maior sexa a área onde se aplica a forza menor será a presión que se exerce.[pic 70][pic 71]

Para aclarar o concepto de presión e diferencialo co concepto de forza podemos dicir que en presenza de dúas situacións onde se aplique a mesma forza pero a áreas diferentes a maior presión se dá cando a área en contacto sexa menor e disto concluímos que:[pic 72][pic 73]

A forza é un valor dado

Presión defínese respecto a que área se aplicou esa forza.

- TIPOS DE PRESIÓN

[pic 74] Presión Hidrostática: no caso dos fluídos e en presenza dun mesmo fluído en repouso nun recipiente podemos dicir que a presión varia directamente proporcional coa profundidade é dicir que a medida que nos imos somerxendo nel a presión aumenta.

[pic 75] Presión Atmosférica: é aquela presión que exerce a nosa atmosfera en calquera punto dado, é importante anotar que a presión aumenta ou diminúe segundo a altura na cal nos encontramos ou tamén debido aos factores asociados aos cambios

---------------------------------------------------------------

meteorolóxicos xa que se trata dun fluído no cal estamos inmersos e tendo en conta o principio de Pascal que indica que calquera cambio nas características da presión se ve regulado en todos os puntos do recipiente.

- CONDENSACIÓN

É o cambio de fase da materia que se encontra en forma gasosa (xeralmente vapores) e pasa a forma líquida.

Aínda que o paso de gas a líquido depende, entre outros factores, da presión e da temperatura, xeralmente se chama condensación ao tránsito que se produce a presións próximas á ambiental. Cando se usa unha sobrepresión elevada para forzar esta transición, o proceso denomínase licuefacción.

O proceso de condensación adoita ter lugar cando un gas é arrefriado ata o seu punto de orballo, non obstante este punto tamén pode ser alcanzado variando a presión. O equipo industrial ou de laboratorio necesario para realizar este proceso de xeito artificial chámase condensador.

- TEORÍA CINÉTICA MOLECULAR

Segundo este modelo de materia, todo o que vemos está formado por unhas partículas moi pequenas, que son invisibles aínda aos mellores microscopios e que se chaman moléculas. As moléculas están en continuo movemento e entre elas existen forza atractivas, chamadas forzas de cohesión. As moléculas ao estar en movemento, encóntranse a certa distancia unhas doutras. Entre as moléculas hai espazo baleiro.

No ESTADO SOLIDO as moléculas están moi xuntas e móvense oscilando arredor dunhas posicións fixas; as forzas de cohesión son moi grandes. No ESTADO LIQUIDO as moléculas están máis separadas e móvense de maneira que poden cambiar as súas posicións, pero as forzas de cohesión, aínda que son mans intensas que no estado sólido, impiden que as moléculas poidan independendizarse. No ESTADO GASOSO as moléculas están totalmente separadas unhas doutras e móvense libremente; non existen forzas de cohesión.

---------------------------------------------------------------

[pic 76]

PRÁCTICA : CREADOR DE NUBES

GUÍA DO PROFESOR

- Obxectivos

Coñecer o concepto de presión atmosférica.[pic 77][pic 78][pic 79]

Relación da presión atmosférica na formación de nubes. Condensacón e licuefacción

- Materiais[pic 80][pic 81][pic 82][pic 83][pic 84][pic 85][pic 86][pic 87][pic 88][pic 89][pic 90][pic 91][pic 92]

- Procedemento

- Presentamos os materiais a utilizar, unha botella de plástico de 2 litros, un tapón perforado, cinta illante, alcohol 96ºVol. e unha bomba de aire portátil (bombín).

- Primeiro de todo, coa cinta illante cortamos unha tira de forma que tapemos a parte superior do tapón perforado.

- A continuación botamos alcohol dentro da botella de forma que cubra a parte inferior. Deixamos que se volatilice uns segundos. Pódese axitar lixeiramente para acelerar o proceso.

- Procedemos a selar hermeticamente a botella co noso tapón.

- Pinchamos ca agulla no oco do tapón que ata agora estaba selado pola cinta illante.

---------------------------------------------------------------

- Comezamos a bombear aire durante uns trinta segundos, a

botella debe estar ben “inflada”.

- Cando creamos que a botella ten suficiente presión, deixamos de bombear aire e destapámola instantaneamente. Poderemos observar a formación da nosa nube.

- Para realizar o proceso inverso tapamos de novo a botella e insuflamos aire outra vez. Observaremos que efectivamente o proceso revértese e a nube desaparece. Podes velo aquí

- Situación do problema

Que pasa cando quitamos o tamón despois de meter o aire?

- Hipótese

Ao meter alcol na botella e permitir se que se evapore un pouco obtemos unha nube invisible de alcol, ao meter aire na botella comprimimos o gas e ao liberalo desúpeto producimos unha condensación o que xera a nube. Ao volver a presucizala botella tornamos o alcol ao seu estado orixinal.

- Seguimento do experimento

O máis complicado nesta experiencia foi conseguir que a presión se mantivese ata que nos queriamos. No momento en que liberamos o tapón a nube fórmase instataneamente. Hai que ter coidado en que non se evapore moito

...

Descargar como  txt (15.1 Kb)   pdf (63.9 Kb)   docx (21.3 Kb)  
Leer 8 páginas más »
Disponible sólo en Essays.club